Guia docente 2019_20
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Tradución para a Comunicación Internacional
 Materias
  Tradución Especializada Xurídico-Administrativa: Francés-Galego-Francés / Francés-Español-Francés
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2019_20
Materia Tradución Especializada Xurídico-Administrativa: Francés-Galego-Francés / Francés-Español-Francés Código V01M128V01211
Titulacion
Máster Universitario en Tradución para a Comunicación Internacional
Descriptores Cr.totais Carácter Curso Cuadrimestre
6 OP 1 2c
Lingua impartición
Castelán
Francés
Galego
Prerrequisitos
Coordinador/a
Garrido Vilariño, Xoán Manuel
Correo-e
Profesorado
Web http://paratraduccion.com/limiares/xuridico-administrativa-frances/
Descrición xeral Os obxectivos da materia Tradución Especializada Xurídico-Administrativa: Francés-Galego-Francés / Francés-Castelán-Francés son dous:
Por unha banda [como obxectivo profesional xeral], reiniciar ao alumnado na comunicación interlingüística e intercultural de conceptos especializados pertencentes a uns tipos de especialidade temática moi determinados, con vistas a consolidar a súa formación como especialista na mediación comunicativa bilingüe (Francés-Galego/Español-Francés) dentro do ámbito moi específico dos Servizos Públicos da Administración: Sanidade, Educación e Xustiza
Por outra, formar especialistas en tradución capaces de traducir directae inversamente (do francés (L2) ao galego/castelán (L1) e do Galego/castelán (L1) ao francés (L2), respectivamente) textos especializados que fornecen uns moi determinados efectos legais no sistema xurídico e a administración da lingua de partida e que, ao ser traducidos, han de fornecer eses mesmos efectos legais e non outros no sistema xurídico e a administración da lingua de chegada.
Tanto para o primeiro como para o segundo obxectivo, farase especial fincapé no bo uso das principais e adecuadas fontes de consulta terminolóxica (léxicos, glosarios e dicionarios unilingües, bilingües e plurilingües) e de documentación temática (enciclopedias e dicionarios enciclopédicos) que editadas en papel e na rede (os múltiples recursos electrónicos que ofrece Internet) están a disposición do especialista en tradución de hoxe en día.
Toda clase de tradución especializada posúe unha forte orientación instrumental cara á correcta e normativa redacción dos distintos tipos de textos especializados non só na L1 do alumnado senón tamén, e sobre todo, no seu L2. De feito, para o obxectivo primordial e específico desta materia, resulta imprescindible superar ao longo do máster a principal dificultade coa que se enfronta o alumno ao principio do mesmo: a lectura, comprensión,
interpretación, análise e tradución das distintas linguaxes especializadas españois e franceses utilizados nos textos xerados por administracións ou organismos locais, autonómicos, nacionais ou internacionais, nos textos redactados polas institucións xurídicas nas súas diferentes decisións xurisdiccionais. Textos xurídicos e administrativos, todos eles, que constituíron ou poidan constituír un encargo real de tradución xurídica e/ou xurada
O perfeccionamento das técnicas de redacción de textos xurídicos e administrativos en galego /castelán e franceses resulta ser a destreza máis importante que se pretende nesta materia. Como profesional da tradución administrativa/xurídica e xurada, o alumnado debe perfeccionar as técnicas de redacción especializada en galego/castelán e en francés, así como coñecer cal vai ser o seu lugar exacto dentro do mercado da Tradución Profesional: as relacións, obrigacións e dereitos laborais, sociais e fiscais que implica; a responsabilidade do chamado «produto acabado»; os prazos de entrega do mesmo; os máis que frecuentes límites de acceso á documentación; etc. Todos os exercicios emularán non só a contorna sociolaboral
no que traballa o profesional da tradución especializada de textos xurídicos e administrativos, en xeral, e sobre todo, o espazo no que actúa como auténtico fedatario público o tradutor/intérprete xurado, moi en particular.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000