Guia docente 2013_14
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Tradución para a Comunicación Internacional
 Materias
  Tradución Especializada Xurídico-Administrativa: Inglés-Galego-Inglés / Inglés-Español-Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos e proxectos Segunda semana: Os alumnos farán un traballo curto avaliable que terán que entregar a finais da segunda semana. Poderán elixir entre dúas opcións:
- Redactar un ensaio breve cunha extensión de entre 700 e 1000 palabras sobre un problema de tradución.
- Realizar unha tradución de entre 300 e 500 palabras.
En ambos os dous casos terán a posibilidade de elixir eles mesmos un tema (previa aprobación do docente) ou optar nunha lista de temas suxeridos.
30
Traballos e proxectos Terceira e cuarta semana: Os alumnos farán un traballo longo avaliable que terán que entregar a finais da cuarta semana. Desta vez terán que elixir a opción que descartaron no traballo curto:
- Redactar un artigo cunha extensión de entre 3000 e 4000 palabras sobre dereito internacional ou comparado.
- Realizar unha tradución de entre 1500 e 2000 palabras.
En ambos os dous casos terán a posibilidade de elixir eles mesmos un tema (previa aprobación do docente) ou optar nunha lista de temas suxeridos.
70
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000