Guia docente 2013_14
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Tradución para a Comunicación Internacional
 Materias
  Tradución Especializada Xurídico-Administrativa: Inglés-Galego-Inglés / Inglés-Español-Inglés
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Primeira semana: Realizaranse 6 horas de clases presenciais, cunha avaliación rápida das competencias dos alumnos, unha presentación teórica de diversos contidos da materia (polo xeral en forma de clase maxistral) e unha serie de exercicios prácticos introdutorios.

Segunda semana: Realizaranse 6 horas de clases presenciais, ampliándose os contidos teóricos (desta vez fomentándose moito máis a participación activa dos alumnos, agora que xa teñen uns mellores fundamentos sobre a materia).
Estudo de casos/análises de situacións Primeira semana: Asignaranse aos alumnos unha serie de lecturas, entre as cales destacarán diversos textos de Alcaraz Varó.

Segunda semana: Asignaranse aos alumnos unha serie de lecturas, entre as cales destacarán diversos textos legais.

Terceira semana: As lecturas desta semana consistirán en textos de natureza administrativa, que poderán empregar como paralelos ou como tarefa de tradución. Ademais, publicaranse os traballos curtos corrixidos e suxerirase a súa lectura e estudo.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000