Probas de tipo test |
Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos...). Os alumnos seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades. |
35 |
Traballos e proxectos |
O estudante presenta o resultado obtido na elaboración dun documento sobre a temática da materia, na preparación de seminarios, investigacións, memorias, ensaios, resumos de lecturas, conferencias, etc.
Pódese levar a cabo de maneira individual ou en grupo, de forma oral ou escrita… |
50 |
Primeira oportunidade: o conxunto de criterios de avaliación arriba exposto constitúe o sistema de avaliación continua na primeira oportunidade. É necesario alcanzar un mínimo dun 3.5 (sobre 10) en cada proba para poder compensala e superar a materia. Segunda oportunidade: os alumnos que non superen a materia na primeira oportunidade teñen dúas opcións: - Realizar un exame na data establecida pola Coordinación do Máster (mes de xullo), que supoñerá o 100% da cualificación. - Conservar a nota obtida nos Debates (15%) e nos Traballos e proxectos (50%), sempre que sexan superiores a 3.5 (sobre 10) e realizar, unicamente, a Proba de tipo test (35%) na data establecida pola Coordinación do Máster (mes de xullo). |