Educational guide 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Tradución para a Comunicación Internacional
 Materias
  Tradución e Patrimonio
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballos e proxectos A avaliación consiste na redacción dun proxecto ou na realización dunha tradución, cuxas instrucións se comunicarán ó comezo do semestre via faitic.
O alumnado deberá entregar o seu proxecto ou a súa tradución antes da primeira semana de abril, depositando unha versión en papel na caixa de correo do docente, e unha copia electrónica via faitic. O proxecto ou a tradución representarán o 100 % da nota final.
100 A1
A2
A3
A4
A5
B2
B3
B4
B5
B8
B9
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8
C9
D1
D2
D3
D4
D5
D7
D8
D9
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación consiste na redacción dun proxecto, cuxas instrucións se
comunicarán ao comezo do semestre via faitic. Se o alumnado así o
desexa, o proxecto pode consistir na tradución dun texto turístico ou de
calquera outro ámbito do arco patrimonial.

As linguas de traballo admitidas para o proxecto ou para a tradución son o inglés, o francés, o español e o galego. O docente está disposto a considerar a posibilidade para o alumnado de traballar co portugués ou co romanés.

O
alumnado deberá entregar o seu proxecto ou a súa tradución antes da
primeira semana de abril, depositando unha versión en papel na caixa de
correos do docente, e unha copia electrónica via faitic. O proxecto
valerá o 100 % da nota final.

Para a avaliación continua a
asistencia a todas as sesións presenciais é obrigatoria.
Excepcionalmente poderase faltar a 1 das 3 sesións, a condición de que a
ausencia sexa xustificada.

O alumnado de avaliación continua que non aprobe terá que presentarse directamente á convocatoria de xullo.

O
alumnado que non pase pola avaliación continua terá que realizar o
proxecto ou a tradución baixo as condicións descritas anteriormente, así
como entregar dentro do mesmo prazo o resumo de 2 artigos relacionados
coa materia. Neste caso, o proxecto valerá o 60 % da nota, e cada resumo
un 20 %.

O exame da convocatoria de xullo consistirá en realizar o
proxecto ou a tradución baixo as condicións descritas anteriormente,
así como entregar o resumo de 2 artigos relacionados coa materia. Neste
caso, o proxecto ou a tradución valerá o 60 % da nota, e cada resumo un
20 %.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000