Educational guide 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Tradución para a Comunicación Internacional
 Materias
  Tradución e Patrimonio
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral O formato de clase maxistral está indicado para transferir coñecementos e sensibilizar ao alumnado sobre temas tanto xerais como transversais da materia. Serve para iniciar á metalinguaxe asociada ás destrezas, a transmitir formas de adquisición da información. Serve para estruturar contidos dos temas máis teóricos.
Estudo de casos/análises de situacións Parte da actividade na aula consistirá en estudar casos e abordar análises de situacións que correspondan coa diversidade de prácticas asociadas coa materia. O alumnado deberá participar activamente ao desenvolvemento destas análises, que lle servirán para fundamentar o tema do seu traballo.
Saídas de estudo/prácticas de campo O grupo de estudantes, orientado polo docente, percorrerá lugares ou instalacións e/ou visitará exposicións ou eventos relacionados cos contidos da materia. O obxectivo da saída de estudos é de identificar e analizar produtos ou prácticas reais de tradución do patrimonio no medio urbano, público ou privado (dependendo da autorización correspondente). Para a saída contarase cos medios e co apoio loxístico que facilitará a Universidade de Vigo.
A presencialidad (4 horas) corresponde á última das sesións de aula. A asistencia á saída é obrigatoria. Neste caso, a docencia trasládase fóra do campus.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000