Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Tradución para a Comunicación Internacional
 Materias
  Terminoloxía en Tradución
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Durante o curso as docentes irán comprobando a adquisición de coñecementos a través da fórmula dialóxica. Se a situación o requirir afianzarán os coñecementos e comprobarán as competencias adquiridas a través de formularios tipo test 20
Traballos tutelados Cada estudante deberá presentar un traballo de investigación en que amose a adquisición de competencias. Trátase dun traballo individual, dirixido en aula e con apoio a través de FAITIC.

80
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

            Este curso está formulado para alumnado asistente ás aulas. A avaliación continua implica a asistencia regular a clase ou no seu defecto a titorías, a entrega dos traballos e exercicios que se requiran en proporción non inferior ao 80%.

En segundas e posteriores convocatorias será cando menos obrigado a realización dun test e a presentación dun traballo de investigación orixinal seguindo as indicacións das docentes.

Será obxecto de sanción o alumnado que presente un traballo plaxiado total ou parcialmente.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000