Guia docente 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Lingüística Aplicada
 Materias
  Prácticas Externas
   Contidos
Tema Subtema
Realización de prácticas externas nun entorno profesional
Os lugares de realización das prácticas serán empresas relacionadas cos sectores de planificación e asesoramento lingüístico, xestión e asesoramento en medios de comunicación, relacións internacionais, ámbito editorial, empresas e administración pública, ensino de linguas, etc.

As tarefas que desempeñarán os estudantes detallaranse no seu plano de traballo.
As tarefas encomendadas poderán ser de revisión e corrección lingüística na lingua da súa especialidade, de apoio no ensino de linguas, a elaboración de corpus específicos, a edición dixital, a tradución directa ou inversa entre linguas da súa especialidade, a creación de contidos dixitais, a preparación de materiais especializados, etc.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000