Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Lingüística Aplicada
 Materias
  Terminoloxía e Terminografía
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Debates Valorarase a participación activa de cada alumno/a nos debates propostos. 10
Resolución de problemas e/ou exercicios Proporanse exercicios sobre os temas 1, 2 e 3 que serán avaliados. 20
Traballos tutelados O alumnado terá que facer un glosario, baseado en corpus e usando ferramentas informáticas, sobre textos de divulgación e media/alta especialización. 35
Probas de resposta curta Cando remate a docencia, o alumnado terá que responder brevemente unha serie de cuestións referidas a calquera contido do temario. 35
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O sistema de avaliación na 1a edición das actas é o que figura arriba. A asistencia ás aulas é obrigatoria, agás naqueles casos xustificados. É obrigatorio, tamén, entregar todas as probas de avaliación.


Na 2a edición das actas o alumnado deberá presentar un traballo tutelado (50%) e presentarse a unha proba de resposta curta (50%). Se se considera conveniente, poderase respectar a nota obtida nestas dúas probas na 1ª edición das actas.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000