Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Lingüística Aplicada
 Materias
  Mediación Lingüística
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios Avaliarase o cumprimento e corrección das actividades prácticas propostas. Nestas actividades comprobarase o dominio dos contido conceptuais e das técnicas propias da primeira parte da materia. 40
Traballos tutelados Avaliarase o dominio dos conceptos expostos na segunda parte da matería, así como a orixinalidade das hipóteses formuladas e o rigor nas análises de casos prácticos 40
Debates A calidade conceptual, corrección lingüística e frecuencia das intervencións do discente nas sesións participativas serán obxecto de avaliación por parte do profesorado da materia. 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Convocatoria xaneiro: Cada unha das partes da materia terá un valor de 50%, do que obterase
a calificación final. Nas sesións presenciais, ao inicio de cada parte da
materia, precisarase a avaliación das actividades previstas e as datas de
entrega. É necesario superar as dúas partes da materia.

Convocatoria de xullo: Cada unha das partes da materia terá un valor de 50%, do que obterase
a calificación final. Nas sesións presenciais, ao inicio de cada parte da
materia, precisarase a avaliación das actividades previstas e as datas de
entrega. É necesario superar as dúas partes da materia.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000