Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Lingüística Aplicada
 Materias
  Mediación Lingüística
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Exposición por parte da docente dos contidos cada un dos temas da materia. Aclararanse as cuestións centrais e orientarase ao alumnado sobre os aspectos fundamentais e secundarios.
Resolución de problemas Exercicios breves de aplicación/comprobación de contidos conceptuais. Realizaranse durante o período de sesións de clase. Consistirán en: 1) unha serie de exercicios breves que os estudantes prepararán previamente para a súa presentación nas clases 2) un conxunto de preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (si/non, verdadeiro falso...).
Estudo previo O alumnado deberá revisar as cuestións que se van abordando nas leccións maxistrais para poder realizar os exercicios/actividades e traballos
Traballo tutelado Conxunto de actividades máis extensas sobre os temas abordados na materia. Realizaranse ao terminar as sesións clases. Indicarase a data concreta de entrega nas sesións iniciais.
Presentación O alumnado deberá expor unha serie de aspectos concretos da materia vinculados cos exercicios realizados, lecturas ou outras actividades que se poidan propor.
Traballo tutelado
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000