Guia docente 2021_22
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Lingüística Aplicada
 Materias
  Ensino da Lingua Oral a Xordos e da Lingua de Signos a Oíntes
   Recomendacións


 
Outros comentarios
1.- É responsabilidade do estudantado consultar os materiais dispoñibles na plataforma de teledocencia (novidades, documentos, cualificacións) e estar ao tanto dos avisos e das datas de realización das diferentes probas. 2.-Os traballos académicos presentados polo alumnado da materia poderán ser incorporados á base de datos dunha ferramenta de detección de plaxio. De se producir esta circunstancia, poderán activarse as medidas recollidas nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o estudantado da súa responsabilidade neste aspecto. 3.- O alumnado Erasmus interesado en cursar a materia deberá ter presente que resulta imposible seguir esta materia sen ter un nivel de lingua española igual ou superior ao C1 del MERL. 4.- Na avaliación terase en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística. 5.- Mais que bibliografía o listado de referencias son fontes de información para elaborar as tarefas. 6.- Non se precisan coñecementos de lingua de signos ainda que coñecer a lingua e a cultura xorda sexan de grande axuda
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000