Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Lingüística Aplicada
 Materias
  Adquisición e Desenvolvementos da Lingua na Comunidade Xordo
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Presentacións/exposicións Identificación e consulta de fontes bibliográficas. Organización e discusión de contidos. Presentación oral ante a clase 60
Estudo de casos/análises de situacións Lectura de casos ou presentación de situacións reais da adquisición que dean lugar á análise e á argumentación. Os diferentes puntos de vista serán expostos na clase 20
Resolución de problemas e/ou exercicios Reflexión sobre problemas prácticos da adquisición. Pode facerse a partir de lecturas previas ou sobre datos reais 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Será necesario acudir, polo menos, a un 80% das sesións. 

Quen opte pola modalidade semipresencial deberá comunicalo á profesora por e-mail ao comezo da impartición da materia.
Neste caso esixirase unha asistencia de, como mínimo, o 40% e a elaboración por escrito de tarefas alternativas que substitúan o traballo de clase avaliable.

Se se precisan adaptacións por razón de discapacidad, deberá advertirse coa debida antelación. Requirirase
documentación acreditativa.

Quen non consigan superar a asignatura polo procedemento establecido terá unha segunda oportunidade, con vistas á segunda edición de actas. Nela os traballos de exposición oral substituiranse por unha versión escrita dos mesmos.

Terase ne conta a orixinalidade do traballo individual. As prácticas de copia ou plaxio invalidarán a proba ou tarefa obxecto da copia e poderán supoñer o suspenso.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000