Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Lingüística Aplicada
 Materias
  Adquisición e Desenvolvemento da Lingua na Comunidade Xorda
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Actividade inicial de identificación de expectativas do alumnado e de explicacións sobre o desenvolvemento das actividades da materia.
Estudo de casos Lectura de casos ou presentación de situacións reais da adquisición que dean lugar á análise e á argumentación. Os diferentes puntos de vista serán expostos na clase
Resolución de problemas Reflexión sobre problemas prácticos da adquisición, en relación co desenvolvemento das clases maxistrais
Traballo tutelado Desenvolvemento individual dunha pesquisa sobre un tema relacionado cos contidos da materia, a escoller por cada estudante de acordo coas súas preferencias e intereses. Haberá indicacións específicas fornecidas pola profesora, tanto na aula como en titorías personalizadas. Como opción preferida, o traballo será presentado oralmente en clase.
Lección maxistral Explicación dos contidos teóricos
Foros de discusión Actividades desenvolvidas de forma autónoma que reforcen a aprendizaxe e a capacidade crítica.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000