Guia docente 2013_14
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Lingüística Aplicada
 Materias
  Usos Profesionais da Lingua de Signos Española
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Debates A participación activa nos debates de aula que reflicta a reflexión sobre os contidos debatidos suporá unha porcentaxe na avaliación da materia. 10
Resolución de problemas e/ou exercicios A participación activa a través da corrección en clase das actividades e exercicios propostos terá unha porcentaxe na nota obtida polo alumno. 10
Traballos tutelados O traballo consistirá nun subtitulado para xordos dun documento audiovisual, acompañado dunha análise crítica apoiada en fontes de autoridade en spx dos problemas atopados e das estratexias de resolución aplicadas. 70
Actividades introdutorias As discusións sobre as lecturas propostas que reflictan reflexión, nas que se propoñan novas ideas, etc. terán unha porcentaxe na nota final do alumno. 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Segunda edición de actas:

1/ Refacer o traballo tutelado coas correccións e propostas de mellora suxeridas polas profesoras na edición anterior (nota máxima: 5)
2/ Realizar un novo encargo (nota: de 0 a 10)

Non é preciso ter coñecementos previos de lingua de signos para seguir a materia.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000