Presentacións/exposicións |
Por grupos, o alumnado presentará oralmente unha reseña dun artigo científico relacionado cos contidos da materia. O artigo será proposto polo profesor, que avaliará a presentación a partir unha grade de avaliación que será presentada no inicio do curso. |
25 |
|
|
|
|
Ausencia xustificada en primeira convocatoriaO alumnado que non puider asistir ás aulas presenciais por motivos xustificados (entrega dunha copia do contrato laboral ou de parte médico) poderá realizar un traballo sobre un tema acordado co profesor, que o avaliará a partir dunha grade de avaliación dispoñíbel na páxina web da materia.
Segunda convocatoriaO alumnado que concorrer á segunda convocatoria deberá realizar un exame escrito sobre o 100% dos contidos da materia. O exame realizarase na data oficial fixada no calendario do mestrado. Será puntuado de 0 a 10 en función dunha grade de avaliación estabelecida polo profesor. O exame contará cunha pregunta teórica e cun suposto práctico que o alumnado deberá resolver. En segunda convocatoria non se terá en conta o traballo realizado na primeira convocatoria. |