Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Lingüística Aplicada
 Materias
  Estratexias e Métodos de Ensino e Aprendizaxe
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Exposición do profesor sobre os contidos da materia obxecto de estudo, bases e fundamentos teóricos, liñas de investigación así como directrices dun traballo, exercicio ou proxecto que desenvolverá o estudantado.
Resolución de problemas Son propostas de actividades avaliables, como por exemplo exercicios vinculados ás explicacións do profesor e ás lecturas, comentarios, recensións bibliográficas, opinións fundamentadas sobre traballos que se expoñan na aula...
Traballo tutelado O/a estudante, de maneira individual, elabora un ou varios pequenos traballos en cada unha das partes da materia ("Estratexias" e "Métodos") sobre os contidos do programa ou revisa criticamente lecturas, breves investigacións, memorias, ensaios, resumos, conferencias etc. Xeralmente trátase dunha actividade autónoma do estudantado que inclúe a procura e recollida de información, lectura e manexo de bibliografía, redacción... e a exposición dos resultados na aula ante o profesorado e demais alumnado.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000