Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Lingüística Aplicada
 Materias
  Conciencia Lingüística (Language Awareness) e Adquisición de Segundas Linguas en Contextos Multilingües
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Actividades introdutorias Unha primeira tarefa oral, que consistirá nunha reflexión autobiográfica sobre a propia conciencia metalingüística, que o alumnado terá que gravar en vídeo e compartir co resto da clase. 20 A1
A2
A3
A4
A5
B4
C9
C10
D1
D4
D8
Lección maxistral Exposición teórica dos contidos da materia. Comentarios e debates entre os presentes sobre os problemas tratados e as lecturas obrigatorias. Considérase fundamental unha efectiva realización en profundidade das lecturas indicadas. 40 A1
A2
A3
A4
A5
B2
B5
C1
C3
C7
D2
D6
Traballo tutelado Aplicación do estudado á realización dunha investigación empírica que implique traballo de campo. Oportunamente daranse as instrucións necesarias.
40 A1
A2
A3
A4
A5
B4
C9
C10
D1
D4
D8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Considérase moi aconsellable a asistencia ás clases presenciais para unha axeitada comprensión da materia. A nota final ha ser o resultado das cualificacións parciais arriba indicadas.

Aqueles discentes que se vexan na imposibilidade de asistir a clases (por motivos xustificados) compensarán a súa inasistencia con lecturas específicas.

Na segunda convocatoria, o alumnado deberá entregar as tarefas de curso estipuladas, así como demostrar a lectura crítica da bibliografía indicada.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000