Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Lingüística Aplicada
 Materias
  Conciencia Lingüística (Language Awareness) e Adquisición de Segundas Linguas en Contextos Multilingües
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Unha primeira tarefa oral, que consistirá nunha reflexión autobiográfica sobre a propia conciencia metalingüística, que o alumnado terá que gravar en vídeo e compartir co resto da clase.
Lección maxistral Nas clases maxistrais exporanse os contidos da materia, seguindo unhas lecturas orientativas mínimas (obrigatorias) que se lle ofrecerán ao alumnado. Estipularanse sesións específicas de debate sobre cuestións que susciten un interese particular ao fío dos problemas vistos. A raíz das lecturas e debate, o alumando deberá entregar unha revisión crítica sobre un artigo especializado.
Traballo tutelado O alumnado deberá levar a cabo unha aplicación práctica dos coñecementos aprendidos, que implique realización de traballo de campo, análise e interpretación dos datos. Deberá presentalo por escrito, así como expoñelo oralmente na clase.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000