Educational guide 2021_22
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Lingüística Aplicada
 Materias
  Gramática e Léxico da Lingua de Signos Española
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen

Na modalidade mixta, na que unha parte do estudantado permanecerá na aula mentres a outra parte seguirá a docencia dun modo preferentemente síncrono ou asíncrono se a ferramenta utilizada así o aconsella, as metodoloxías, a atención personalizada e a avaliación serán as mesmas que as da modalidade presencial, mentres que os grupos e as quendas se adaptarán para cumprir coa normativa sanitaria

Os contidos da materia estarán a disposición do alumnado na plataforma Moovi. Habilitarase un Foro de discusión para que os alumnos plantexen preguntas e expoñan as ideas extraidas das súas lecturas críticas.


* Metodoloxías docentes que se modifican

Presentación oral: será substituida polo envío dun video coa presentación do traballo feito.
No caso dos traballos de aula, a discusión sobre as lecturas dos diferentes temas será substituida pola elaboración de resumos dos traballos científicos asignados a cada tema.

* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)

As titorías serán mantidas e realizaranse no despacho virtual da docente

* Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir

Non procede

* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe
De se-lo caso facilitaráselle ao alumnado contido visual para facilitar a aprendizaxe dos conceptos expostos: gramáticas visuais, vídeos divulgativos, actas visuais...
* Outras modificacións

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
Mantense a avaliación proposta na guía docente coas modificacións na realización das probas expostas no apartado de Adaptación das metodoloxías
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000