Guia docente 2023_24
Facultad de Filología y Traducción
Máster Universitario en Lingüística Aplicada
 Materias
  Avaliación
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentación O estudante presenta oralmente ante o profesorado e o grupo o traballo que presentou previamente por escrito. 40 A1
A3
A4
B3
B5
C10
D3
Traballo O estudante presenta por escrito o resultado obtido na elaboración dun documento sobre a temática da materia, na preparación de seminarios, investigacións, memorias, ensaios, resumos de lecturas, conferencias, etc. 40 A1
A2
A3
A5
B1
B2
B3
B4
B5
C6
C10
D6
D7
D8
Observación sistemática Percepción sistemática do comportamento do alumnado para rexistrar a súa participación activa nas sesións de clase. 20 A2
A3
A4
A5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

As porcentaxes atribuídas ás tres partes da avaliación (presentación escrita, presentación oral e observación sistemática) considéranse orientativas. Xa que a materia trata sobre avaliación, discutirase na clase o sistema de avaliación e a adecuación das porcentaxes propostas e chegarase ao acordo que se considere, que será o que se aplicará para a materia. 

O alumnado que non acade o aprobado na primeira oportunidade será avaliado co mesmo sistema na segunda: presentará por escrito un traballo que tamén exporá oralmente ante a docente e, de ser o caso, o grupo de alumnado. No caso de que a alumna ou alumno non puidera asistir ás sesións de clase, non se terá en conta a observación sistemática e as porcentaxes das partes da avaliación axustaranse, de modo que cada parte valerá o 50%.

Na avaliación terase en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección e adecuación lingüística. No caso de que se detecte copia ou plaxio nalgunha proba, esta puntuarase con 0.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000