Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Lingüística Aplicada
 Materias
  Recursos Bibliográficos e Xéneros Científicos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Un 20% da nota final responderá á ASISTENCIA, PARTICIPACIÓN E DESEMPEÑO do estudante ao longo do curso. Observarase o seu aproveitamento e evolución, mais tamén e moi especialmente a súa dinámica na aula, a forma de argumentar, a colaboración cos compañeiros e todos aqueles elementos que teñan que ver coa aprendizaxe colaborativa e o traballo en grupo. 20 C9
Prácticas con apoio das TIC Un 40% obterase da realización de PRÁCTICAS con exercicios preparados en horas non presenciais. Deste 40%, un 10% será para a PRESENTACIÓN na clase ou online do traballo de curso. No seu lugar podería facerse a exposición oral dunha lectura ou dunha das prácticas preparadas fóra da clase. 40 C9
D1
D2
D3
Traballo tutelado Un 40% corresponderá á realización dun TRABALLO TUTELADO cuxas instrucións se darán nas primeiras sesións do curso. 40 C9
D1
D2
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

2. A CUALIFICACIÓN FINAL na 2ª OPORTUNIDADE
rexerase polas seguintes normas:

2.1. Se na avaliación dalgún dos tres tipos de
tarefas realizadas no curso (traballo tutelado, resumos e exercicios de
aplicación) non se acadou o nivel de aprobado, deberán reelaborarse para seren
cualificadas de novo coas mesmas porcentaxes que na primeira oportunidade.

2.2. As tarefas que teñan acadado o nivel de
aprobado na 1ª oportunidade tamén poderán reelaborarse, se así o decide o
estudante. En caso contrario, nesta 2ª oportunidade manterase a cualificación
que obtiveron na 1ª.

2.3. As tarefas que non se teñan presentado na
1ª oportunidade deberán elaborarse para seren avaliadas nesta 2ª oportunidade
coa mesma porcentaxe da cualificación final que se lles asigna na 1ª.

2.4. Na avaliación da 2ª oportunidade tamén se
terá en conta a cualificación obtida na 1ª por asistencia, participación e
desempeño, que corresponde ao 20% da cualificación final. Aos estudantes que
non teñan cualificación neste apartado por ausencias xustificadas ou por
dispensa de asistencia, o 20% correspondente integraráselles a partes iguais na nota das prácticas e do
traballo tutelado.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000