Guia docente 2013_14
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Lingüística Aplicada
 Materias
  Recursos Bibliográficos e Xéneros Científicos
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral ASISTENCIA. Un 10% responderá á asistencia, participación e desempeño do estudante ao longo do curso. Observaranse o seu aproveitamento e evolución, mais tamén e moi especialmente a súa dinámica na aula, a forma de argumentar, a colaboración cos compañeiros e todos aqueles elementos que teñan que ver coa aprendizaxe colaborativa e o traballo en grupo. 10
Traballos tutelados Realización dun TRABALLO TUTELADO cuxas instrucións se darán nas primeiras sesións do curso. 30
Prácticas en aulas de informática Realización de PRÁCTICAS preparadas en horas non presenciais. 30
Outros PROBA ESCRITA FINAL.
Realizarase na data, hora e lugar establecidos nos horarios oficiais de exames do centro para a 1ª oportunidade.
Esta proba abranguerá os contidos das sesións maxistrais e das lecturas obrigatorias e tamén poderá constar de exercicios de aplicación.
Os estudantes deberán obter unha puntuación mínima de 4 puntos sobre 10 nesta proba para poder superar a materia.
30
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A CUALIFICACIÓN FINAL na 2ª OPORTUNIDADE rexerase
polas seguintes normas:

2.1. Os
estudantes que suspendan a materia na 1ª oportunidade por non acadaren os 4
puntos na proba escrita final deberán facer un novo exame escrito do mesmo tipo
que o da 1ª oportunidade na data, hora e lugar establecidos nos horarios
oficiais de exames do centro para a 2ª oportunidade.

2.2. Aos estudantes que non superen a
materia na 1ª oportunidade incluiráselles a asistencia e participación no
reparto porcentual correspondente á proba escrita, de modo que esta terá un
valor do 40% na 2ª oportunidade.

2.3. Os estudantes que suspendan a
materia na 1ª oportunidade e non superen ou non entreguen algunha(s) actividade(s)
deberán realizar as actividades substitutivas que se lles encomenden para a 2ª
oportunidade. O profesor fará públicas a(s) actividade(s) que debe realizar
cada estudante e as instrucións pertinentes; o prazo de entrega rematará coa
celebración da proba escrita da 2ª oportunidade e o seu valor seguirá sendo o
30% da cualificación final.

2.4. Os estudantes que suspendan a materia na 1ª oportunidade
e non acaden o nivel de aprobado no traballo tutelado (5 puntos sobre 10)
deberán reelaboralo a partir das recomendaciones que lles faga o profesor; o
prazo de entrega rematará coa celebración da proba escrita da 2ª oportunidade e
o seu valor seguirá sendo o 30% da cualificación final.

 

3. CUALIFICACIÓN DE NON PRESENTADO. Recibirán cualificación de Non Presentado (N.P.) só aqueles estudantes que
(a) non se presenten á proba escrita e que, ademais, (b) entreguen menos de
tres actividades avaliables.

 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000