Guia docente 2017_18
Facultad de Filología y Traducción
Máster Universitario en Lingüística Aplicada
 Materias
  Recursos Bibliográficos e Xéneros Científicos
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Exposición por parte do profesor dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dos traballos e exercicios a desenvolver polo estudante. Son 10 horas presenciais.
Prácticas en aulas informáticas Actividades de aplicación dos coñecementos a situacións concretas e de adquisición de habilidades básicas e procedementais relacionadas coa materia obxecto de estudo. Desenvolveranse con equipamento especializado nunha aula informática. As actividades, prácticas e exercicios suman 15 horas: 5 horas presenciais e 10 non presenciais.
Traballo tutelado O estudante, de maneira individual ou en grupo, elaborará un documento sobre a temática da materia ou preparará un seminario no que se expoñerán e debateran as investigacións e lecturas levadas a cabo. Son 18 horas de traballo fóra da aula.
Outros Lecturas semanais. Serán especificadas semana a semana. Supoñen 25 horas non presenciais.
Titoría en grupo Son 3 horas presenciais e 4 non presenciais.
O horario de atendemento para aclarar contidos ou dúbidas en titorías será acordado entre o profesor e os estudantes. A resolución de problemas relacionados coa materia poderá facerse tamén a través do correo electrónico.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000