Guia docente 2013_14
Facultad de Filología y Traducción
Máster Universitario en Lingüística Aplicada
 Materias
  Recursos Bibliográficos e Xéneros Científicos
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Exposición por parte do profesor dos contidos sobre
a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dos traballos e exercicios a desenvolver polo estudante.
Son 10 horas presenciais.
Traballos tutelados O estudante, de maneira individual ou en
grupo, elaborará un documento sobre a temática
da materia ou preparara un seminario no que se expoñerán e debateran as investigacións e lecturas levadas a cabo.
Son 18 horas non presenciais.
Prácticas en aulas de informática Actividades de aplicación dos coñecementos a situacións concretas e de adquisición de habilidades básicas e procedementais relacionadas coa materia obxecto de estudo. Desenvolveranse con equipamento
especializado nunha aula informática.
As actividades, prácticas e exercicios suman 22 horas: 5 horas presenciais e 17 non presenciais.
Outros Lecturas semanais de textos previamente escollidos e dispostos para o aprofundamento e discusión académica dos temas do programa.
As lecturas obrigatorias equivalen a 25 horas non presenciais.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000