Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións
 Materias
  Traballo Fin de Máster
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Realización e defensa oral dun traballo de investigación. 100 A1
A2
A3
A4
A5
B4
B5
B8
B9
B10
C1
C2
C3
C11
C15
C16
C17
C18
C19
C22
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O Traballo Fin de Máster será avaliado por un tribunal académico composto por tres profesores doutores especialistas no tema de investigación do traballo presentado. Valoraranse, entre outros, os seguintes aspectos do traballo:

- Calidade dos contidos do traballo

- Adecuación da metodoloxía empregada

-Forma e estilo

-Presentación oral

O TFM deberá cumprir os seguintes requisitos:

-Estar redactado en inglés.

-Ter unha extensión de entre 10.000 e 14.000 palabras máximo (de 40-60 páxinas aproximadamente, a dobre espazo). O número de palabras inclúe portada, resumo (se o houbese), índice, agradecementos, lista de referencias e apéndices.

- Tamaño de letra: Arial ou Times Roman 12. 

A/o estudante que non supere a avaliación do Traballo Fin de Máster na primeira edición de actas (xuño) deberá presentar unha versión mellorada do mesmo, seguindo as suxestións de mellora feitas polos membros do tribunal, para a segunda edición de actas en xullo.

Nota: A copia ou plaxio total ou parcial do Traballo Fin de Máster suporá
un cero no traballo. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio
non eximirá ao alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000