Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións
 Materias
  Prácticum
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticum, Practicas externas e clínicas Prácticas laborais nunha empresa ou institución 60 A2
B1
B2
B3
B5
C27
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas Elaboración dunha memoria sobre os coñecementos e habilidades adquiridas durante as prácticas laborais realizadas na empresa ou institución seleccionada. 40 A3
A4
B4
B6
B7
B8
B9
B10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación será continua e de carácter formativo tendo en
conta todas as fases do proceso das prácticas. O sistema de avaliación atenderá
aos seguintes parámetros:

 

1) A avaliación por parte do titor/a profesional do
desenvolvemento das prácticas e a valoración do grao de cumprimento de cada
unha das actividades realizadas. Esta avaliación levarase a cabo sobre unha escala numérica de 0-10.

2) A avaliación por parte do titor/a académico/a da
memoria de prácticas preparada polo alumno/a ao remate do seu período de
prácticas. Esta avaliación levarase a cabo sobre unha escala numérica de 0-10. A memoria debe cumprir os
seguintes requisitos:

 ·  deberá ter
unha lonxitude de entre 1,000 e 3,000 palabras, en formato libre;

 ·  poderá
redactarse en inglés, castelán ou galego;

 ·  deberá
mostrar capacidade de expresión e de síntese e dar conta das actividades e
tarefas realizadas durante as prácticas externas, da experiencia adquirida, dos
aspectos proveitosos das prácticas, das cuestións menos satisfactorias e que
poderían mellorarse, etc.

 · deberase entregar unha copia en papel ao titor/a
académico/a na data que se determine, que estará condicionada polo calendario
oficial de entrega de actas.

 

3) A cualificación final será proposta polo titor/a
académico/a baseándose no informe do titor/a profesional, que representará
hasta o 60% da cualificación final,  e na
memoria do alumno/a, que representará hasta o 40% da cualificación final.  O titor/a académico/a fará chegar a proposta
de cualificación final ao Coordinador/a a efectos da súa ratificación, se
procede, e incorporación á acta da materia.

 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000