Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións
 Materias
  Prácticum
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas externas Prácticas laborais nunha empresa ou institución 60 A2
B1
B2
B3
B5
C27
Informe de prácticas Elaboración dunha memoria sobre as prácticas laborais realizadas na empresa ou institución seleccionada 40 A3
A4
B4
B6
B7
B8
B9
B10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A
avaliación será continua e de carácter formativo tendo en conta todas as fases
do proceso das prácticas. O sistema de avaliación atenderá aos seguintes
parámetros:

1) A
avaliación do titor/a profesional sobre o desenvolvemento das prácticas e a
valoración do grao de cumprimento de cada unha das actividades realizadas
.
Esta avaliación levarase a cabo no formulario proporcionado a tal efecto,
sobre a base dunha escala cos seguintes valores: (a) Moi satisfactorio; (b)
Satisfactorio; (c) Non Satisfactorio.

(2) A
avaliación da memoria de prácticas preparada polo alumno/a ao remate do seu
período de prácticas
. Esta memoria debe cumprir os seguintes requisitos:

·        
deberá ter unha lonxitude de entre 1,000 e 3,000 palabras, en formato libre;

·        
poderá redactarse en inglés, castelán ou galego;

·        
deberá mostrar capacidade de expresión e de síntese e dar conta das actividades
e tarefas realizadas durante as prácticas externas, da experiencia adquirida,
dos aspectos proveitosos das prácticas, das cuestións menos satisfactorias e
que poderían mellorarse, etc.

·deberase
entregar unha copia en papel ao titor/a académico/a na data que se determine,
e que estará condicionada polo calendario oficial de entrega de actas.

(3) A avaliación por parte
do
titor/a académico/a, baseándose no informe do titor/a
profesional e na memoria do alumno/a
. A avaliación do titor/a
profesional representará hasta o 60% da cualificación final; a memoria, hasta o
40%.

(4) Tendo en conta os diversos parámetros
mencionados, o/a titor/a académico/a fará unha proposta de cualificación final
e faraa chegar ao/á Coordinador/a, a efectos da súa ratificación, se procede, e
incorporación á acta da materia.

 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000