Guia docente 2016_17
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións
 Materias
  Prácticum
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas externas Prácticas laborais nunha empresa ou institución 50 A2
B1
B2
B3
B5
C27
Informes/memorias de prácticas Elaboración dunha memoria sobre as prácticas laborais realizadas na empresa ou institución seleccionada 50 A3
A4
B4
B6
B7
B8
B9
B10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación será continua e de carácter formativo tendo en conta todas as fases do proceso das prácticas. Incluirá a avaliación por parte da persoa titora da institución ou empresa e a avaliación da persoa titora da universidade, quen será a encargada de valorar a memoria realizada pola/o alumna/o en función dos contidos recollidos na mesma, a súa capacidade de expresión e de síntese, a presentación formal, a claridade de contidos, a inclusión de materiais propios e de exemplos de tarefas realizadas, e a capacidade de reflexión e orixinalidade.

A copia ou plaxio total ou parcial da memoria suporá
un cero na memoria. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio
non eximirá  alumnado da súa responsabilidade neste aspecto. 

A/o alumna/o que non supere a avaliación na primeira edición de actas (xuño) por obter unha cualificación Non Satisfactoria no desenvolvemento das prácticas na empresa ou institución deberá repetir as prácticas no seguinte ano académico.

A/o alumna/o que non supere a avaliación na primeira edición de actas (xuño) por suspender a memoria deberá volver a presentar unha versión mellorada da memoria para a segunda edición de actas en xullo.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000