Informes/memorias de prácticas |
Elaboración dunha memoria sobre as prácticas laborais realizadas na empresa ou institución seleccionada |
50 |
A3 A4
|
B4 B6 B7 B8 B9 B10
|
|
|
A avaliación será continua e de carácter formativo tendo en conta todas as fases do proceso das prácticas. Incluirá a avaliación por parte da persoa titora da institución ou empresa e a avaliación da persoa titora da universidade, quen será a encargada de valorar a memoria realizada pola/o alumna/o en función dos contidos recollidos na mesma, a súa capacidade de expresión e de síntese, a presentación formal, a claridade de contidos, a inclusión de materiais propios e de exemplos de tarefas realizadas, e a capacidade de reflexión e orixinalidade. A copia ou plaxio total ou parcial da memoria suporá
un cero na memoria. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio
non eximirá alumnado da súa responsabilidade neste aspecto. A/o alumna/o que non supere a avaliación na primeira edición de actas por obter unha cualificación Non Satisfactoria no desenvolvemento das prácticas na empresa ou institución deberá repetir as prácticas no seguinte ano académico. A/o alumna/o que non supere a avaliación na primeira edición de actas por suspender a memoria deberá volver a presentar unha versión mellorada da memoria para a segunda edición de actas en xullo. |