Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións
 Materias
  Prácticum
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Prácticas externas Para un óptimo seguimento e aproveitamento da materia, o alumnado contará con atención personalizada por parte da persoa titora da empresa ou institución en modalidade presencial (na empresa ou institución) e/ou en modalidade virtual (a través do correo electrónico). Esta atención personalizada estará encamiñada a atender as necesidades e consultas do alumnado relacionadas co desenvolvemento das prácticas externas na institución ou empresa seleccionada, proporcionándolles orientación, apoio e motivación no proceso de aprendizaxe.
Outros Para un óptimo seguimento e aproveitamento da materia, o alumnado contará con atención personalizada en modalidade presencial (no despacho do/a titor/a académico/a durante o horario de titorías) e/ou en modalidade virtual (a través das ferramentas que ofrece a plataforma Faitic e o correo electrónico). Esta atención personalizada estará encamiñada a atender as necesidades e consultas do alumnado relacionadas coa planificación do prácticum (obxectivos e tarefas a desenvolver) e a elaboración da memoria de prácticas, proporcionándolles orientación, apoio e motivación.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000