Guia docente 2013_14
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións
 Materias
  Negociacións Textuais e Culturais nos Países de Fala Inglesa
   Competencias de titulación
Código Descrición
A14 Capacidade para comprender as implicacións comunicativas de diferentes tipos de discursos e xéneros discursivos orais e/ou escritos.
A19 Capacidade de traballar de forma autónoma con textos literarios de diferentes tradicións dentro do ámbito anglófono, aplicando diversas metodoloxías teóricas e críticas.
A20 Habilidades para buscar cos diversos medios tecnolóxicos e de comunicación textos culturais de masas que empregan recursos literarios.
A21 Capacidade para identificar e analizar as características máis relevantes da cultura e das institucións do ámbito anglófono a través de diversos tipos de textos pertencentes a diferentes épocas históricas.
A22 Capacidade para comprender diferentes achegas teóricas e críticas así como a súa aplicación á análise de textos literarios e culturais no ámbito anglófono.
A24 Capacidade para afondar nas tendencias actuais nos estudos teóricos e críticos literarios e culturais, aplicados a autores, xéneros e períodos literarios en lingua inglesa.
A25 Coñecemento de perspectivas transculturais en lingua inglesa.
B4 Capacidade para elaborar adecuadamente e con certa orixinalidade composicións escritas ou argumentos motivados, redactar plans, artigos científicos e formular hipóteses razoables.
B5 Capacidade para presentar en público experiencias, ideas ou informes, así como emitir xuízos en función de criterios, de normas externas ou de reflexións persoais para o que será necesario alcanzar un dominio suficiente da linguaxe académica e científica tanto na súa vertente escrita como oral.
B7 Habilidade para traballar e continuar a aprendizaxe de forma autónoma e autodirixida.
B8 Habilidades para investigar e manexar novos coñecementos e información no contexto dos Estudos Ingleses.
B9 Capacidade para adquirir un espírito crítico que leve aos estudantes a considerar a pertinencia das investigacións existentes nas áreas de estudo que conforman os Estudos Ingleses, así como das súas propias.
B18 Capacidade para obter información sobre a investigación máis recente que se está levando a cabo dentro do ámbito dos Estudos Ingleses, tanto en lingüística como en literatura e cultura.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000