Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións
 Materias
  Xéneros e Modos Literarios en Lingua Inglesa
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario Participación activa nas clases. para a avaliación deste aspecto consideraranse tanto as competencias relacionadas coa construcción de argumentos sólidos como a súa correcta expresión oral. Terase en conta tamén a pertinencia dos comentarios en relación cos contidos da materia. 10 B1
B2
B5
C15
C21
C22
C23
C24
D1
Presentación Presentación oral sobre un aspecto relacionado coa temática da materia. A avaliación terá en conta a compresión e utilización de argumentos sólidos e unha correcta expresión oral. 40 B2
B4
B5
B6
C12
C22
C23
C24
D1
D5
Traballo tutelado Traballo escrito sobre algún aspecto relacionado coa temática da materia. O ensaio terá unha extensión dunhas 3000 palabras e deberá seguir as normas académicas de elaboración de traballos científicos. 50 B2
B4
B5
B6
C22
C23
C24
D1
D4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para os estudantes que estean exentos de asistir ás sesións presenciais do curso, o 100% da nota final corresponderá a dous traballos escritos sobre temas asignados.

A data das exposicións orais será o último día de clase. A da entrega de traballos escritos será ata o 16 de maio de 2024.

No caso de ter que facer a avaliación en xullo, a entrega de traballos escritos deberá ser antes do 1 de xullo de 2024.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000