Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións
 Materias
  Pragmática e Análise do Discurso en Lingua Inglesa
   Recomendacións


 
Outros comentarios
Durante a realización das actividades o alumnado debe reflexionar sobre o seu proceso de aprendizaxe e solicitar axuda ben mediante o foro ou ben por medio de preguntas individuais ou titorías antes da presentación das súas evidencias. Un índice de traballo satisfactorio, uniforme e gradual é necesario para superar a asignatura. É responsabilidade do alumnado consultar os materiais dispoñibles na plataforma MooVi (novidades, documentos, cualificacións) e estar ao tanto dos avisos e das datas de realización das diferentes probas. Cómpre lembrar ao alumnado que debe respectar os dereitos de autor, tanto dos libros utilizados como apoio á docencia coma dos materiais orixinais elaborados e facilitados pola docente na aula ou a través da plataforma de apoio á docencia.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000