Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións
 Materias
  Pragmática e Análise do Discurso en Lingua Inglesa
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios Resolución de exercicios, problemas ou actividades que o profesorado solicite realizar dentro ou fóra da aula. No caso de que se solicite entregar unha actividade, a non entrega da mesma en tempo e forma puntuará como cero. 20
Prácticas autónomas a través de TIC Grao de desenvolvemento das actividades autónomas nas TIC. A non realización dunha actividade en tempo e forma puntuará como cero. 10
Traballos tutelados A realización autónoma dun traballo escrito coa súa correspondente presentación oral en clase, para a cal se recomenda o uso dun powerpoint. O traballo escrito deberá cumplir co formato, estrutura, corrección gramatical e estilo propios dun traballo académico. 50
Observación sistemática O alumnado tamén será avaliado en base aos datos e evidencias que o profesorado recompile sobre a participación e implicación do alumnado nas sesións presenciais: atención, comentarios, reflexión e preguntas ao fío das explicacións e realización das actividades encomendadas. 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

É requisito indispensable para aprobar a asignatura asistir a tódalas sesións presenciais e obter alomenos un 5 (sobre 10) no traballo escrito. No caso de obter unha nota inferior a un 5 no traballo escrito, a/o alumna/o terá a oportunidade de refacer o traballo segundo as instruccións que reciba ao respecto e presentalo para a súa nova avaliación na segunda convocatoria en xullo. O traballo será avaliado conxuntamente polos dous docentes.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000