Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións
 Materias
  Pragmática e Análise do Discurso en Lingua Inglesa
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Para un óptimo seguimento e aproveitamento da materia, o alumnado contará con atención persoalizada tanto para a realización dos traballos tutelados, como para a realización de calquera actividade, incluíndo as virtuais. Nas clases presenciais a atención será en grupo completo, dividido ou individual segundo o requira a actividade en curso. As dúbidas que xurdan fóra da aula serán atendidas ben en modalidade presencial no despacho do profesorado durante o horario de titorías, ou en modalidade virtual a través das ferramentas que ofrece a plataforma Tema de teledocencia e o correo electrónico. Nas titorías de preparación e redacción do traballo, a atención será persoal ben a través de internet ou no despacho. En todo caso a atención persoalizada estará encamiñada a atender as necesidades e consultas do alumnado relacionadas co desenvolvemento da materia e co proceso de aprendizaxe, proporcionándolle orientación, apoio e motivación.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000