Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións
 Materias
  Pragmática e Análise do Discurso en Lingua Inglesa
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Exposición por parte do profesorado dos contidos teóricos da materia seguindo o temario.
Resolución de problemas e/ou exercicios Resolución autónoma ou en parellas de problemas, exercicios prácticos e/ou actividades de análise do discurso dirixidos aplicando as técnicas expostas na lección maxistral. Son un complemento das sesións maxistrais.
Prácticas autónomas a través de TIC Desenvolvemento de forma autónoma a través das TIC de exercicios/problemas ou outras actividades prácticas de análise do discurso baseadas nas explicacións teóricas. Directrices da realización dos traballos tutelados e/ou de calquera actividade de análise.
Traballos tutelados Realización de traballos escritos individuais supervisados e presentación oral dos mesmos na aula.
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a tomar contacto co alumnado, a presentar a materia (obxectivos, contidos e sistema de avaliación), así como a presentar unha visión panorámica do campo de estudo e dos conceptos básicos que se utilizarán nas clases maxistrais.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000