Resolución de problemas e/ou exercicios |
O alumnado contará con atención personalizada por parte do profesorado en modalidade presencial (no despacho durante o horario de titorías) e/ou en modalidade virtual (a través das ferramentas que ofrece a plataforma Faitic e/ou o correo electrónico). Esta atención personalizada estará encamiñada a atender as necesidades e consultas do alumnado relacionadas cos problemas, exercicios e/ou actividades que se lle encarguen, proporcionándolle orientación, apoio e motivación. |
|
Traballos tutelados |
O alumnado contará con atención personalizada por parte do profesorado en modalidade presencial (no despacho durante o horario de titorías) e/ou en modalidade virtual (a través das ferramentas que ofrece a plataforma Faitic e/ou o correo electrónico). Esta atención personalizada estará encamiñada a orientar ao alumnado na planificación e elaboración do traballo así como na preparación da defensa oral do mesmo. |
|