Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións
 Materias
  Lingüística Contrastiva Aplicada á Lingua Inglesa
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Traballo tutelado Para un óptimo seguimento e aproveitamento da materia, o alumnado contará con atención persoalizada tanto para a realización dos traballos tutelados, como para a realización de calquera actividade, incluíndo as virtuais. Nas clases presenciais a atención será en grupo completo, dividido ou individual segundo o requira a actividade en curso. As dúbidas que xurdan fóra da aula serán atendidas ben en modalidade presencial no despacho da profesora durante o horario de titorías, ou en modalidade virtual a través das ferramentas que ofrece a plataforma MooVi de teledocencia. É indispensable que o alumnado informe á docente con antelación da súa intención de asistir a unha sesión de titorías no despacho. Dito aviso será feito ben na aula, ben por medio do correo electrónico. En ningún caso se desenvolverán sesións de titorías por correo electrónico. En todo caso a atención persoalizada estará encamiñada a atender as necesidades e consultas do alumnado relacionadas co desenvolvemento da materia e co proceso de aprendizaxe, proporcionándolle orientación, apoio e motivación.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000