Na primeira edición das actas (xaneiro) a avaliación constará da media das notas obtidas mediante participación activa nas clases (Traballos de aula: 50%) e na elaboración e presentación dun traballo escrito seguindo as normas establecidas para "Traballos e Proxectos" (50%). Os traballos non realizados ou entregados fóra de prazo contarán coma un 0. Do mesmo xeito, os traballos que non cumpran os requisitos mínimos de corrección lingüística (tanto na forma oral coma na escrita) e conteñan erros gramaticais graves contarán coma un 0. Na segunda edición das actas (xullo) a avaliación levarase a cabo mediante un exame único, baseado nos contidos da materia, cuxa nota constituirá o 100% da cualificación final. A competencia lingüística e a correcta exposición argumentativa tamén serán avaliadas. Este exame terá lugar nunha data a determinar por consenso coa profesora alomenos unha semana antes da data de peche de actas. Os exames que non cumpran os requisitos mínimos de corrección lingüística e conteñan erros gramaticais graves contarán coma un 0. Aquelas/es estudiantes que estean matriculados a tempo parcial, e teñan concedida unha dispensa académica serán avaliados en calquera oportunidade seguindo os mesmos criterios que para a edición de xullo (exame único, nas condicións descritas arriba). O plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo (incluido o exame) suporá un 0 nese traballo. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá ao alumnado da súa responsabilidade.
A avaliación do alumnado Erasmus e de intercambio seguirá exactamente o mesmo procedemento do alumnado da UVigo, sen excepcións. |