Guia docente 2015_16
Facultad de Filología y Traducción
Máster Universitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións
 Materias
  Perspectivas Transculturais no Ámbito Anglófono
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballos de aula Participación activa nas clases e exercicios de comentario de texto. Para a avaliación deste aspecto consideraranse tanto as competencias relacionadas cos contidos teóricos coma as relacionadas coa construción de argumentos sólidos e a súa correcta expresión oral e/ou escrita. Terase en conta tamén a pertinencia dos comentarios en relación aos contidos da materia. 50 A1
A3
A4
A5
B4
B6
C17
C19
C22
C25
D2
D5
D8
D9
D10
D12
D13
D15
Traballos e proxectos Elaboración e presentación dun traballo escrito cun estudo comparado de un texto literario e un fílmico dentre o listado que a profesora ofrece a través de Faitic para este fin. As condicións de extensión, formato e sistema de citación acompañan ao listado de textos literarios seleccionados. A data de entrega do traballo escrito comunicarase a través de Faitic. 50 A1
A3
A4
A5
B5
B6
B9
B10
C17
C18
C19
C22
C24
C25
D2
D4
D8
D9
D10
D12
D13
D15
D16
D19
D20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Na primeira edición das actas (xaneiro) a avaliación constará da media das notas obtidas mediante participación activa nas clases (Traballos de aula: 50%) e na elaboración e presentación dun traballo escrito seguindo as normas establecidas para "Traballos e Proxectos" (50%). 

Os traballos non realizados ou entregados fóra de prazo contarán coma un 0. Do mesmo xeito, os traballos que non cumpran os requisitos mínimos de corrección lingüística (tanto na forma oral coma na escrita) e conteñan erros gramaticais graves contarán coma un 0. 

Na segunda edición das actas (xullo) a avaliación levarase a cabo mediante un exame único, baseado nos contidos da materia, cuxa nota constituirá o 100% da cualificación final. A competencia lingüística e a correcta exposición argumentativa tamén serán avaliadas. Este exame terá lugar nunha data a determinar por consenso coa profesora alomenos unha semana antes da data de peche de actas. Os exames que non cumpran os requisitos mínimos de corrección lingüística e conteñan erros gramaticais graves contarán coma un 0. 

O plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo (incluido o exame) suporá un 0 nese traballo. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá ao alumnado da súa responsabilidade.

A avaliación do alumnado Erasmus e de intercambio seguirá exactamente o mesmo procedemento do alumnado da UVigo, sen excepcións.


Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000