Guia docente 2013_14
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións
 Materias
  Perspectivas Transculturais no Ámbito Anglófono
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Foros de discusión Participación individual no foro de discusión acerca dun texto fílmico ou literario a determinar pola profesora. Deberán producirse un mínimo de tres intervencións por persoa para a súa avaliación positiva. Terase en conta a pertinencia dos comentarios con respecto aos contidos teóricos do curso. 10
Traballos de aula Participación activa nas clases e exercicios de comentario de texto. Para a avaliación deste aspecto consideraranse tanto as competencias relacionadas cos contidos teóricos coma as relacionadas coa construción de argumentos sólidos e a súa correcta expresión oral e/ou escrita. Terase en conta tamén a pertinencia dos comentarios en relación aos contidos da materia. 30
Presentacións/exposicións Presentación oral por parte do alumnado de 2 traballos elaborados individualmente sobre dous textos do programa: un texto teórico e un texto literario, que se determinarán baixo a supervisión da profesora. Cada persoa será avaliada pola súa contribución individual, e avaliaranse tanto as competencias referidas ao coñecemento da cuestión analizada como as relacionadas coa construción de argumentos e a súa expresión oral correcta. Deben utilizarse como apoio software de diapositivas para presentacións, e avaliarase a correcta expresión escrita nestos textos, que deben entregarse á profesora na mesma data da presentación a través da plataforma virtual Tema. Cada presentación supón un 30% da nota. 60
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo suporá un 0 nese traballo. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade.

Na segunda edición das actas (xullo) a avaliación levarase a cabo mediante un exame único, baseado nos contidos da materia, que combinará preguntas teóricas e exercicios prácticos de análise de textos e cuxa nota constituirá o 100% da cualificación final. A competencia lingüística e a correcta exposición argumentativa tamén serán avaliadas. Este exame terá lugar nunha data a determinar por consenso coa profesora alomenos unha semana antes da data de peche de actas. 





Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000