Guia docente 2013_14
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións
 Materias
  Perspectivas Transculturais no Ámbito Anglófono
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Exposición dos contidos teóricos da materia por parte da profesora.
Estudos/actividades previos O alumnado deberá ler os textos obrigatorios, tanto teóricos/críticos coma os diversos textos literarios, con antelación ás clases nos que se comentarán. O calendario de comentario dos textos obrigatorios estará publicado en faitic antes do comezo das clases. O alumnado debe consultar este calendario e ter realizada a lectura do material.
Foros de discusión Actividade online onde o alumnado debatirá sobre un texto literario ou fílmico (a determinar pola profesora) aplicando os coñecementos que vai adquirindo nas lecturas previas e sesións presenciais, arredor dalgúns temas concretos propostos pola profesora.
Traballos de aula Discusión oral dos textos literarios e/ou fílmicos por parte do alumnado baixo a supervisión da profesora. O alumnado deberá aplicar ao comentario crítico os contidos teóricos expostos nas sesións maxistrais así como os coñecementos que vai adquirindo nas lecturas previas.
Presentacións/exposicións Presentación oral por parte do alumnado de traballos elaborados grupalmente sobre aspectos recollidos no programa que se determinarán previamente baixo a supervisión da profesora.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000