Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións
 Materias
  Inglés para Fins Específicos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario Traballos na aula e traballos avaliados, participación e asistencia. 10 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
B4
B5
B6
C1
C2
C3
C4
C5
D1
D2
D3
D4
D5
D6
D7
D8
D9
D11
Traballo tutelado Traballo de investigación sobre algunha das tipoloxías do Inglés para Fins Específicos. 20 A1
A4
A5
B1
B2
B3
B4
B5
B6
C1
C2
C3
C4
C14
C27
D1
D2
D4
D7
D8
D9
Presentación Presentación oral individual do traballo de investigación sobre algunha das tipoloxías do Inglés para Fins Específicos. 10 A1
A4
A5
B1
B2
B3
B4
B5
B6
C1
C2
C3
C4
C14
C27
D2
D5
D7
D8
D9
Foros de discusión Debate y aportaciones en el campo virtual entre el alumnado a lo largo del curso. 10 A1
A3
A4
A5
B1
B2
B3
B4
B6
C1
C4
C5
D1
D2
D3
D7
D9
D11
Exame de preguntas obxectivas Exame final. 25 B4
C1
C5
D1
D2
D5
Exame de preguntas de desenvolvemento Exame final. 25 B4
C1
C5
D1
D2
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación continua:

asistencia regular será un requisito indispensable. A participación do estudantado no curso será obxecto da avaliación continua. O alumnado con dispensa especial debe comunicalo ao profesorado nas dúas primeiras sesións do curso.

Ao longo do curso o alumnado terá que completar diversas tarefas prácticas relacionadas cos contidos tratados, tales como a análise de mostras de textos, presentacións, redacción de ensaios, e realización e presentación dun pequeno proxecto de investigación. Na avaliación destas actividades teranse en conta, entre outros, os seguintes factores: a capacidade de síntese da información obtida de distintas fontes, a claridade na exposición das ideas, a precisión no uso da terminoloxía e os conceptos específicos, a implicación nos seminarios e actividades de grupo e cooperativas, o rigor e a orixinalidad na formulación das propostas de investigación, a exhaustividade e puntualidade na realización das tarefas, e a utilización dun estilo académico adecuado.

Os exames finais consistirán nunha serie de preguntas (obxectivas e de desenvolvemento) relacionadas cos contidos do curso.

Alumnado con exención oficial de asistencia:

A avaliación continua basearase na realización de traballos establecidos a través do compoñente virtual do curso. Este estudantado tamén debe someterse ás probas finais escritas ou, alternativamente, completar unha tarefa equivalente (ou conxunto de tarefas) especificada polo profesorado.

Segunda oportunidade e alumnado que retome o curso:

Aplicaranse os mesmos procedementos de avaliación descritos arriba.

Para o compoñente de avaliación continua o alumnado pode ser requerido para repetir unha selección das actividades realizadas ao longo do curso ou para completar algunhas tarefas adicionais.

Na oportunidade de xullo, o alumnado entregará en prazo as actividades adicionais solicitadas polo profesorado, antes de presentarse aos exames escritos.


REALIZACIÓN FRAUDULENTA DAS PROBAS DE AVALIACIÓN:

De acordo cos Artigos 40-42 do Regulamento sobre a avaliación, a calificación e a calidade da docencia e o proceso de aprendizaxe do estudantado, aprobado no claustro do 18 de abril de 2023,

"Enténdese por plaxio, a copia total ou parcial de textos ou doutros elementos (software, imaxes, gráficos etc.) como de elaboración propia sen citar a súa procedencia, incluída a utilización de medios dixitais. Por outro lado, enténdese como fraude académica calquera comportamento premeditado tendente a falsear os resultados dun exame ou traballo, propio ou alleo, realizado como requisito para superar unha materia ou acreditar o rendemento académico."

"As probas ou actividades de avaliación consideraranse realizadas de maneira fraudulenta cando concorran, entre outras, as seguintes circunstancias:

  • a. Copia doutros/as estudantes en exames.
  • b. Utilización de apuntamentos, libros, materiais ou medios telemáticos non autorizados explicitamente nas probas.
  • c. Incumprimento das normas establecidas polo profesorado con antelación á proba.
  • d. Comunicación, con calquera medio, con outras persoas, salvo o profesorado responsable da supervisión, durante a realización das probas.
  • e. Suplantar ou intentar suplantar un/unha estudante no seu labor propio ou prestar o consentimento para ser suplantado, en relación coas actividades universitarias.
  • f. Apoderarse indebidamente do contido de probas, exames ou controis de coñecemento, así como de calquera outro documento que sexa empregado no proceso ensino-aprendizaxe.
  • g. Utilizar indebidamente contidos ou medios de reprodución e gravación das actividades universitarias suxeitas a dereitos de propiedade intelectual.
  • h. Atribución da realización de traballos individuais, grupais ou de prácticas alleos.
  • i. Uso de calquera fragmento extraído directamente de fontes bibliográficas ou outros recursos de información sen indicar claramente a referencia do autoría e traballo orixinal segundo o indicado no articulo anterior.
  • j. Alterar, falsificar, subtraer ou destruír documentos académicos, ou utilizar documentos falsos ante a universidade."

"A actuación fraudulenta en calquera proba de avaliación implicará a cualificación de cero (suspenso) na acta da oportunidade de avaliación da convocatoria correspondente, iso con independencia do valor que sobre a cualificación global desta tivese a proba en cuestión e sen prexuízo das posibles consecuencias de índole disciplinaria que poidan producirse."

Alegar descoñecemento do que supón o plaxio e a fraude académica non eximirá ao alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000