Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións
 Materias
  Discurso Literario e Sociedade nos Países de Fala Inglesa
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Seminarios Participación activa nas clases de comentario de textos. Para a avaliación deste aspecto consideraranse tanto as competencias relacionadas cos contidos teóricos coma as relacionadas coa construción de argumentos sólidos e a súa correcta expresión oral. Terase en conta tamén a pertinencia dos comentarios en relación aos contidos da materia. 30
Outras Presentación oral individual sobre un texto de lectura obrigatoria, previamente acordado coa profesora. Avaliaranse tanto as competencias referidas ao coñecemento do texto analizado coma as relacionadas coa construción de argumentos e a súa expresión oral correcta. Deberá utilizarse como apoio software de diapositivas para presentacións, e avaliarase a correcta expresión escrita nestes textos, que se lle deberán entregar á profesora na mesma data da presentación a través da plataforma de
teledocencia Tema.
20
Traballos e proxectos Traballo escrito, dunha extensión máxima de 3.000 palabras, sobre un tema ou texto previamente aprobado pola profesora. O traballo deberase ater á metodoloxía da materia e deberá seguir escrupulosamente as normas académicas de elaboración de traballos científicos. 30
Outras Traballo virtual realizado polo alumnado. Inclúe actividades como a busca de recursos teórico-críticos para a elaboración dos traballos avaliábeis, a titorización do proceso de elaboración dos traballos e a participación no foro de debate na plataforma virtual. 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS

Na primeira edición de actas a avaliación é continua e realizarase consonte o especificado máis arriba. É obrigatoria a asistencia a todas as sesións presenciais. No caso de faltar a algunha sesión presencial, a/o estudante deberá entregar un traballo escrito (máximo 1.000 palabras) sobre os contidos da sesión.

É
obrigatorio realizar e, no seu caso, entregar no prazo estabelecido todos os
traballos avaliábeis. Os traballos non entregados ou entregados fóra de prazo
contarán coma un cero. Do mesmo xeito, os traballos que non cumpran os
requisitos mínimos de corrección lingüística e conteñan erros gramaticais
graves contarán coma un cero.

SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS

Na segunda edición de actas, a/o estudante que non superase a materia na primeira edición deberá realizar as probas concretas non aprobadas, entregando o traballo e/ou a
versión escrita da presentación oral. Se a proba non superada fose a participación nas clases de comentario dos textos e/ou o traballo virtual, a/o estudante deberá entregar un traballo escrito de análise comparativa entre polo menos dous textos literarios e/ou fílmicos do programa (máximo 3.000 palabras). A data de entrega destas probas será o 1 de xullo de 2015.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000