Educational guide 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións
 Materias
  Discurso Literario e Sociedade nos Países de Fala Inglesa
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminarios Participación activa nas clases de comentario de textos. Para a avaliación deste aspecto consideraranse tanto as competencias relacionadas cos contidos teóricos coma as relacionadas coa construción de argumentos sólidos e a súa correcta expresión oral. Terase en conta tamén a pertinencia dos comentarios en relación aos contidos da materia. 30 A3
A4
B6
C14
C16
C19
C21
C22
C23
D1
D2
D8
D9
D10
D12
D13
D15
D17
D20
Outras Presentación oral sobre un texto de lectura obrigatoria, previamente acordado coa profesora. Avaliaranse tanto as competencias referidas ao coñecemento do texto analizado coma as relacionadas coa construción de argumentos e a súa expresión oral correcta. Deberá utilizarse como apoio software de diapositivas para presentacións, e avaliarase a correcta expresión escrita nestes textos, que se lle deberán entregar á profesora na mesma data da presentación a través da plataforma de teledocencia Tema.
25 A3
A4
A5
B4
B6
B8
C16
C17
C22
C23
D1
D5
D7
D8
D15
D17
D20
Traballos e proxectos Traballo escrito que deberá recoller o traballo elaborado previamente para a presentación, ademais dos comentarios xurdidos durante o debate posterior. O ensaio terá unha extensión máxima de 3.000 palabras e deberá seguir escrupulosamente as normas académicas de elaboración de traballos científicos. 25 A3
A5
B6
B8
C14
C17
C18
C19
C20
C22
C23
D4
D7
D9
D12
D13
D17
D18
Outras Traballo virtual realizado polo alumnado. Inclúe actividades como a busca de recursos teórico-críticos para a elaboración dos traballos avaliábeis, a titorización do proceso de elaboración dos traballos e a participación no foro de debate na plataforma virtual. 20 A5
B8
C19
C20
C23
D4
D5
D7
D8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS

Na primeira edición de actas a avaliación será continua e realizarase consonte o especificado máis arriba. É obrigatoria a asistencia a todas as sesións presenciais. No caso de faltar a algunha sesión presencial, a/o estudante deberá entregar un traballo escrito sobre os contidos da sesión.

É
obrigatorio realizar e, no seu caso, entregar no prazo estabelecido todos os
traballos avaliábeis. Os traballos non entregados ou entregados fóra de prazo
contarán coma un cero. Do mesmo xeito, os traballos que non cumpran os
requisitos mínimos de corrección lingüística e conteñan erros gramaticais
graves contarán coma un cero.

SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS

Na segunda edición de actas, a/o estudante que non superase a materia na primeira edición deberá realizar as probas concretas non aprobadas. Se a proba non superada fose a participación nas clases de comentario dos textos e/ou o traballo virtual, a/o estudante deberá entregar un traballo escrito equivalente a cada proba, previa consulta coa profesora. A data de entrega destas probas será o 1 de xullo de 2016.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000