Guia docente 2013_14
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións
 Materias
  Métodos e Recursos de Investigación Literario-Cultural no Ámbito Anglófono
   Competencias de titulación
Código Descrición
A16 Coñecemento dos principais recursos de investigación literario/cultural no ámbito anglófono.
A17 Capacidade de utilizar as técnicas empregadas para a análise de textos artísticos e culturais no ámbito anglófono.
A18 Capacidade de elaborar ensaios críticos sobre textos literarios e documentos culturais relacionados co ámbito anglófono.
A19 Capacidade de traballar de forma autónoma con textos literarios de diferentes tradicións dentro do ámbito anglófono, aplicando diversas metodoloxías teóricas e críticas.
B16 Capacidade crítica e de síntese do estudante mediante a lectura e revisión de artigos especializados.
B17 Autonomía progresiva na aprendizaxe, procuras propias de recursos e información, accedendo para iso a fontes bibliográficas e documentais sobre os distintos ámbitos que conforman os Estudos Ingleses.
B19 Capacidade para realizar traballos de investigación de carácter académico nos distintos ámbitos dos Estudos Ingleses.
B20 Capacidade para presentar e defender un traballo de investigación utilizando a terminoloxía e os recursos adecuados e apropiados dentro do campo obxecto de estudo.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000