Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións
 Materias
  Métodos e Recursos de Investigación Lingüística e a súa Aplicación á Lingua Inglesa
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Participación e implicación do alumnado nas sesións presenciais (lectures e seminarios): atención, comentarios e preguntas ao fío das explicacións e resolución de actividades encomendadas. Os exercicios serán puntuados polo profesor, con ou sen previo aviso. Debe terse en conta que a asistencia é obrigatoria. 15 A4
A5
B4
B5
B6
B7
B8
C2
C3
Resolución de problemas de forma autónoma Resolución de exercicios, problemas ou pequenos traballos que o alumnado realizará de forma autónoma na aula ou fóra da aula e que serán puntuados polo profesor. Algúns destes exercicios serán auto-evaluados polo alumnado mediante a plataforma virtual.
45 A4
A5
B4
B5
B6
B7
B8
C2
C3
Traballo Proba final cun compoñente práctico no que alumnado explicará o proceso de preparar un traballo de investigación (bibliografía, búsqueda de materiais, estrutura, métodos de análise, hipóteses, etc.). Non se requerirá que o alumnado faga a investigación en si, só o proxecto de investigación.
40 A1
A4
A5
B1
B3
B5
B6
B7
B8
B9
B10
C2
C3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
  • Este curso será impartido integramente en lingua inglesa.
  • A asistencia presencial é obrigatoria.
  • Esperáse que o alumnado complete todos os traballos/exercicios requiridos e que faga as lecturas indicadas. Espérase que o alumnado veña preparado ás aulas para poder seguir as sesións adecuadamente, e para debater as lecturas e exercicios.
  • As datas de entrega de exercicios e traballos serán acordadas co alumnado ao comezo do curso. En xeral, os exercicios entregaranse despois de cada unidade temática, e o proxecto final entregarase despois de rematar o curso presencial.
  • O alumnado debe visitar a plataforma Moovi con regularidade, e consultar o correo electrónico tamén.
  • Non se tolerará ningún tipo de plaxio, e de cometerse éste será penalizado severamente cun suspenso na totalidade da materia. Alegar descoñecemento non eximirá a/o estudante da súa responsibilidade.
  • Se se suspende a materia na primeira edición de actas, o alumnado deberá recuperar a parte suspensa (exercicios e/ou proxecto final) na segunda edición de actas (xullo). A data de entrega será acordada entre o profesor e o alumnado suspenso, sendo ésta igual para todas/os as/os estudantes.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000