Guia docente 2024_25
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Tradución Multimedia
 Materias
  Producións accesibles
   Contidos
Tema Subtema
Aproximación teórica e práctica aos modelos de discapacidade e ás nocións de inclusión, diversidade e capacitismo. - Modelo médico vs modelo social de discapacidade.
- Integración vs inclusión.
- Formas de capacitismo.
Participación, representación e accesibilidade en/aos medios audiovisuais. O papel das persoas discapacitadas como creadoras (diante e detrás da cámara) ou receptoras de contidos audiovisuais.
Definición e orixes do concepto de produción audiovisual accesible (accessible filmmaking). Orixe histórica da consideración da tradución e a accesibilidade durante a produción audiovisual, nocións de accesibilidade integrada no teatro, cine inclusivo e producións accesibles.
O papel da tradución audiovisual e a accesibilidade nas diferentes fases de produción audiovisual. As producións accesibles nas fases de desarrollo, preprodución, produción e postprodución.
Formas de colaboración entre creadores audiovisuais e tradutores/expertos en accesibilidade (con e sen discapacidades). Diferentes graos de integración da tradución/accesibilidade no proceso de produción das obras, desde co-creación a validación.
A accesibilidade como proceso de transformación e creación artística. Creación de novos orixinais e variación entre versión accesible única vs varias versiones.
Análise crítica e exploración de novas tendencias na produción audiovisual accesible. Avaliación de versións accesibles e estudio de novas tendencias como a accesibilidade crip.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000