Guia docente 2024_25
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Tradución Multimedia
 Materias
  Localización de videoxogos
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a tomar contacto e a recoller información sobre o alumnado no que respecta aos coñecementos previos da materia, intereses e motivacións.
Presentación da materia: obxectivos, metodoloxía docente, actividades de aprendizaxe, sistemas e criterios de avaliación...
Resolución de problemas Actividade na que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa materia. O alumno/a debe desenvolver as solucións adecuadas ou correctas mediante a exercitación de rutinas, a aplicación de fórmulas ou algoritmos, a aplicación de procedementos de transformación da información dispoñible e a interpretación dos resultados. Adóptase empregar como plus da lección maxistral.
Estudo de casos Análise dun feito, problema ou suceso real coa finalidade de coñecelo, interpretalo, resolvelo, xerar hipótese, contrastar datos, reflexionar, completar coñecementos, diagnosticalo e formarse en procedementos alternativos de solución.
Prácticas de laboratorio Tipo de avaliación que se basea na aplicación dos fundamentos teóricos da materia.
Estudo previo Procura, lectura e traballo de documentación, previamente ás clases ou prácticas de laboratorio, que realiza o alumnado de forma autónoma.
Exemplos: pode ser unha actividade teórica, a nivel de contidos da materia, ou práctica, como a resolución de problemas e/ou exercicios.
Traballo tutelado O/a estudante, de maneira individual ou en grupo, realiza actividades, que poden ser:
- Traballos monográficos, procura de información en publicacións, bases de datos, artigos, libros... sobre un tema en concreto.
- Preparación de seminarios, investigacións, memorias, ensaios, conferencias etc.
- Recensións sobre artigos científicos de actualidade.
- Proxectos (deseñar e desenvolver proxectos).
Foros de discusión Actividade desenvolvida nunha contorna virtual na que se debaten temas diversos e de actualidade, relacionados co ámbito académico e/ou profesional.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000